Hostaleiros do Carballiño denuncian un posible fraude para a renovación das súas licencias de actividade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello do Carballiño vén de alertar sobre un suposto fraude que se estaría a acometer en diferentes establecementos de hostalaría da vila ao abeiro da renovación das licencias de actividade destes locais. Según unha nota difundida polas autoridades municipais, distintos propietarios de negocios hostaleiros que aseguraron recibir chamadas procedentes do Concello carballiñés “para facilitarlles un enlace e unhas claves que deben introducir” co obxectivo de poder tramitar a renovación das devanditas licencias.

Dende o Concello advirten que “non se están a realizar tales chamadas e que pode tratarse dun posible fraude” e engaden que “rogamos non fagan caso a este tipo de chamadas”, e para calquera dúbida recomendan á veciñanza se poñan en contacto coas oficiñas municipais no teléfono 988.530.007.