O voluntariado de Protección Civil do Carballiño recibe da Xunta un lote de material loxístico para a seguridade vial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén de conceder á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) do Carballiño un lote de material loxístico destinado a montaxe de dispositivos de seguridade e sinalización en vías de comunicación. Esta concesión foi adxudicada polo devandito departamento autonómico ao abeiro dunha orde publicada o 22 de xullo do pasado ano.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Foi precisamente na mañá de hoxe, sábado, cando os representantes da Xunta entregaron est equipamento na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), ubicada na localidade pontevedresa da Estrada. Ata alí desprazáronse Adolfo Otero Loureiro e Juanma Francisco Teijeiro, voluntarios da AVPC carballiñesa, que acompañados polo concelleiro de Seguridade do Concello do Carballiño, Alberto Otero, foron os encargados da recollida do lote de material loxístico.

No acto de entrega que tivo lugar nas instalacións da AGASP, estiveron presentes o presidente do Goberno da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.