A ‘III Ruta Cabalar’ reuníu a 80 xinetes que desfrutaron da riqueza natural e patrimonial do municipio de San Amaro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de San Amaro organizou por terceiro ano consecutivo unha nova edición da súa ‘Ruta Cabalar’ cun amplo programa de visitas e actividades que se desenvolveron na xornada de onte, sábado. Un total de 80 xinetes tiveron a oportunidade de desfrutar da variada paisaxe e visitar os enclaves monumentais que forman parte do patrimonio histórico, etnográfico e artístico deste municipio. Unha convocatoria deportiva e lúdica que tivo unha exelente resposta dende localidades doutras provincias de Galicia, coma é o caso de A Barrela, Lalín, Agolada, Rodeiro, Arzúa ou Gondomar, entre outras.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os participantes seguiron un itinerario de aproximadamente 20 quilómetros por diferentes parroquias do San Amaro, con paradas na Escola de Equitación, no Mosteiro Budista de Ventoselo, ata chegar ao Monte de San Trocado, lugar escollido para un intervalo de descanso e a degustación da merenda. Os xinetes desprazáronse despois ata o xacemento castrexo de San Cibrán de Lás, antes de regresar ao punto de partida, o campo da feira da capitalidade municipal.

Unha vez rematada a xornada, pola noite reuníronse nunha cea de confraternidade coa veciñanza, que reuníu a uns 120 comensais, e que estivo amenizada por unha discoteca móbil. Pero o programa de actividades previsto para esta fin de semana tivo continuidade na xornada de hoxe, cun total de 50 inscritos nas probas de hípica que tiveron lugar nas instalacions da Escola de Equitación e Equinoterapia do municipio.