ENTRA E DESCUBRENOS
Home 2026

Carballiño

Sofía García presenta unha moción para impulsar un Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) no Carballiño

O Carballiño, a 29 de abril de 2026A concelleira non adscrita Sofía García vén de presentar unha moción para o seu debate no pleno municipal co obxectivo de impulsar a elaboración e implementación dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) no Concello do Carballiño.A iniciativa parte dun diagnóstico claro: o actual modelo de mobilidade da vila continúa centrado no vehículo privado, o que está a xerar problemas de accesibilidade, inseguridade viaria, deterioro do espazo público e desigualdades no dereito a desprazarse.Segundo sinala Sofía García, "a mobilidade non pode ser un privilexio, ten que ser un dereito garantido para todas as persoas, vivan onde vivan e teñan as condicións que teñan". Neste sentido, a concelleira advirte de que a situación actual afecta especialmente ás persoas maiores, á infancia e ás persoas con mobilidade reducida, que atopan serias dificultades para moverse con autonomía polo Carballiño.A moción aposta por un cambio de modelo cara unha vila máis xusta, inclusiva e sostible, na que o espazo público deixe de estar dominado polos coches e pase a estar pensado para as persoas. Para iso, proponse a elaboración dun PMUS que permita planificar de maneira integral a mobilidade, con medidas a curto, medio e longo prazo.Entre as actuacións prioritarias que recolle a proposta destacan a mellora e ampliación das beirarrúas, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a creación de itinerarios peonís seguros, a reorganización do tráfico rodado, a peonalización progresiva de rúas e o desenvolvemento dunha política de aparcadoiro máis racional, con zonas de rotación e aparcadoiros disuasorios.A iniciativa tamén pon o acento na participación cidadá, reclamando que o plan se elabore coa implicación activa da veciñanza, do comercio local e dos colectivos sociais, especialmente aqueles que representan ás persoas con diversidade funcional, á infancia e ás persoas maiores.Sofía García subliña que "falar de mobilidade é falar de igualdade, de saúde pública e de dereito á cidade. Non podemos seguir tendo un espazo público que exclúe e limita a unha parte da veciñanza". A concelleira lembra ademais que, malia as adhesións do Concello a iniciativas como as cidades que camiñan, "non existe a día de hoxe unha planificación real nin unha estratexia definida que transforme o modelo de mobilidade da vila", polo que considera imprescindible pasar "das declaracións simbólicas ás políticas efectivas".A moción inclúe tamén a necesidade de establecer un calendario concreto para a redacción e execución do plan, así como mecanismos de seguimento e avaliación, e a solicitude de apoio técnico e financiamento a outras administracións.Con esta proposta, Sofía García chama ao conxunto da corporación a asumir "un compromiso real co presente e o futuro do Carballiño, apostando por unha vila máis humana, máis accesible e máis sostible".

José Castro seguirá como alcalde eventual do Carballiño ata que Francisco Fumega reciba a...

https://youtu.be/mbNexd4O-to O popular José Rafael Castro-Gil manterase eventualmente á fronte da alcaldía do Carballiño namentres o rexedor, o socialista Francisco Fumega Piñeiro, non obteña a...

O carballiñés Manuel Blanco Guerra “Manolo Celta” recibe a Distinción ao Mérito Deportivo de...

Foto: Pat Celta O carballiñés Manuel Blanco Guerra, coñecido popularmente como "Manolo Celta", vén de ser distinguido coa Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia correspondente...

Cynthia Menéndez, en creación literaria, e Carmen Valiña, en investigación, gañan o ‘XLI Premio...

O xurado do 'XLI Premio Antón Losada Diéguez' reuniuse na mañá de hoxe, ás 11,00 horas, na Casa do Concello de Boborás para deliberar...

Historia : cando Otelo Saraiva de Carvalho estivo no Carballiño

Hoxe 25 de abril é unha data emblematica en Portugal xa que se conmemora a " Revolução dos Cravos ". Unha das...

Este sábado na tenda OZOCOgz: aniversario da Revolução dos Cravos

No espazo OZOCOgz queremos celebrar o aniversario da Revolução dos Cravos con este programa: Presentación Literaria: A ditadura portuguesa contra Castelao, coa participación do autor, Antonio...

Xornada informativa do PP sobre vivenda en O Carballiño

O vindeiro sábado, 25 de abril, terá lugar unha xornada informativa sobre vivenda organizada polo PP de Ourense. O evento desenvolverase na Casa da...

Un total de 20 persoas desempregadas do Carballiño poderán traballar nun obradoiro dual de...

O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Comercio, Emprego e Emigración, vén de iniciar o proceso de selección dun obradoiro dual de...

Un veciño de Veiga, investigado como presunto autor dun lume forestal orixinado por unha...

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) en Ourense esclareceron un conato de incendio forestal...

Estudantes de Alemaña e O Carballiño protagonizan un intercambio cultural no IES Nº 1

https://youtu.be/CfXaUski8yM?si=-7YxBbHPfJZxN_0d Un grupo de 17 estudantes de ensino medio de Alemaña viaxaron esta semana ata a vila do Arenteiro con motivo do segundo intercambio educativo...

Día do Libro en OZOCOgz

Esta semana dúas xornadas interesantísimas en OZOCOgz.23 de abril. Día do LibroAdemais do tradicional desconto do 10% en cada libro que merques durante a...

O Carballiño presenta os seus recursos paisaxísticos e patrimoniais na Feria de Abril de...

As xoias paisaxísticas e patrimoniais do Carballiño brillaron este luns na 'Cena del Pescaíto', a tradicional cita que dá inicio cada ano á Feria...

Liga Carroza: Xornada 11. Resultados e Clasificación

Resultados da xornada aplazada que se xogaron esta semana pasada. Dimar 1Parrillada Os Amigos 7 Botellin 1Aluminas 6 Estos son os partidos da xornada 13 que se...

Sesenta restaurantes do Xeodestino Ribeiro-Carballiño incorporarán ás súas cartas receitas tradicionais das ‘Sabedoras’

A igrexa da Madanela, en pleno corazón do barrio xudeo de Ribadavia, acollía esta pasada fin de semana o acto de presentación dos extraordinarios...

Medallas de ouro e prata para o Club Marusia do Carballiño na Copa Deputación...

Os equipos do Club Marusia de ximnasia rítimica do Carballiño acadaron grandes logros tanto a nivel colectivo coma individual na segunda fase da Copa...

Bases da III edición do concurso de microrrelatos do IEC

O IEC (Instituto de Estudios Carballiñeses) convoca a terceira edición do concurso de microrrelatos. A presentación dun microrrelato ao concurso implica necesariamente a aceptación...

Presentación da Nova ANPA Escola Activa do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

Nota informativa da Nova ANPA Escola Activa Dende a nova ANPA Escola Activa convidamos a todas as familias do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo a asistir...

In Memoriam: Marita Souto (ex-Directora do IES Nº1)

Onte faleceu a catedrática (ex-Directora do IES Nº1) e referente en termalismo Marita Souto Figueroa Ourense, 17 de abril de 2026 – A comunidade...

O Gran Camiño 2026: o pelotón pernocta no Hotel Arenteiro trala etapa raíña

Ourense, abril de 2026 – Trala disputa da cuarta etapa do O Gran Camiño 2026, que uniu Xinzo de Limia e Xunqueira de Espadanedo nunha...

FOI NOVA EN BADAL