Quen somos

Badal Novas é o primeiro xornal dixital da comarca do Carballiño e O Ribeiro que cubre todo tipo de información de interese (política, cultural, social, deportiva, etc.) ocorrida no noso territorio.

Badal Novas oferta cobertura nas localidades dos Concellos que comprenden estas dúas Comarcas, estando presente alí onde sexa preciso, no punto onde se produza o foco informativo.

Badal Novas existe, ademais, pola necesidade de crear comarca. En plena era da Información e da Comunicación, as redes globais tenden a centralizar os fluxos informativos. Por isto é importante un xornalismo local e dixital que nos achegue máis á nosa realidade, e que axude a perpetuar as raíces da tradición xornalística deste territorio.

Nace tamén coa intención de crear un vinculo informativo cos nosos emigrantes de forma que poidan estar informados de todo o que pasa nos seus lugares de nacemento e, así mesmo, desde aquí poidamos ser coñecedores do que lle sucede e preocupa alí onde residen na actualidade.

Queremos ofrecer información de interese veraz, obxectiva, clara e independente para crear e potenciar o sentimento de pertenza ás Comarca do Carballiño e O Ribeiro e a través de formatos dixitais multimedia. En definitiva, crear comarca a través do xornalismo online, unha promesa que conta coa implicación emocional e intelectual tanto da dirección como dos traballadores que conforman este proxecto. Nunha era dominada polo centralismo da comunicación, é precisa unha información máis achegada á nosa propia realidade.

Aceptamos e asuminos, así mesmo, o reto de levar a cabo un dixital no que estea patente a pluralidade de opinións, ideas e crenzas, fieis ao principio de que na diversidade está a riqueza intelectual e espiritual. O noso obxectivo será ofrecer sempre as dúas caras da moeda para que despois o lector, facendo gala do seu espírito crítico e soberano, xulgue e decida por si mesmo.

A nosa comarca conta cun amplo abano de colectivos sociais e culturais que precisan voz. En Badal Novas abrimos as portas a todos aqueles que precisen comunicar a súa realidade, as súas inquedanzas e os seus proxectos, pero que carecen dos medios necesarios para contala.

Colaboradores expertos nos temas máis diversos acompáñannos nesta bonita aventura regalándonos a súa sabedoría, e aportando valor engadido e variedade de contidos que van máis alá da información pura Finalmente, Badal Novas finánciase a través das doazóns que os nosos lectores aportan e tamén da publicidade de entidades públicas e privadas. Pero, ademais, este proxecto empresarial non nace só cun carácter puramente mercantil e, caso de ter beneficios, unha parte importante dos mesmos irán destinados a asociacións de contido social.