Atopano inconsciente no Parking da Alameda

Sobre as 14:05 h do mércores día 19, a Policía Local de Carballiño recibe unha chamada do persoal do Aparcadoiro da Alameda, comunicandolles que habia unha persoa dentro dun coche que non se move.

Unha vez alí a policia comproba que a persoa esta inconsciente e con pouco pulso. Practícanselle probas de reanimación mentres se avisa ao 112 que manda unha ambulancia medicalizada, que segue os protocolos habituais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ante a gravidade do paciente avísase a un helicoptero medicalizado que traslada á devandita persoa á residencia sanitaria de Ourense. O afectado en cuestión é un home duns 37 anos da comarca do Irixo.

Posteriormente avisan á familia. Desexamos un pronto restablecemento do afectado