O día do pai estará cheo de premios na praza de abastos do Carballiño

A praza de abastos inicia unha campaña polo día do pai, na que haberá sete premios para a clientela.

Dúas pulseiras deportivas, unha afeitadora, unha radio vintage, un altavoz bluetooth, unha tablet de 7” e 8Gb con funda e unha caixa de viño Pazo Tizón, serán os premios que poderán obter os clientes e clientas da plaza de abastos que merquen do 21 de febreiro ao 18 de marzo nesta instalación municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES

Trátase da campaña polo Día do Pai, o 19 de marzo, e que, baixo o lema de “O mellor para papá”, foi presentada hoxe pola concelleira de Comercio, Silvia Baranda, e o presidente da Asociación de praceiros, Eligio González.

Silvia Baranda felicitou á asociación por esta nova iniciativa que redundará no incremento das ventas, e por eso animou a mercar na praza e apoiar  a continuidade desta instalación.

Eligio González agradeceu o apoio do concello, e dixo que estaba moi ilusionado con esta nova iniciativa que ía a contribuir a mellorar as ventas. Ao respecto, asegurou que durante estes días, polo entroido, as ventas solen incrementarse nun 15 ou 20 por cento, e que espera que aconteza o mesmo ata o 19 de marzo.

Durante estes días, nos distintos postos entregaranse os boletos para depositar nunha urna e que se sortearán o día 18 de marzo ás 13,00 h.