Ribeiro en Común esíxelle a Sanidade igual trato respecto de outros Asilos e Concellos.

Diante do abandono de Sanidade reclamamos que o Concello tome novas medidas máis contundentes para que Ribadavia teñamos Probas-Test.

Todos os Asilos privados da Comarca están recibindo estes días Test-probas das autoridades sanitarias, e sen embargo estase discriminando a Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pedimos que o Concello tome medidas máis activas para conseguilos. Non imos admitir seguir nesta espera pasiva. Desde o Concello temos que estar ao mesmo nivel de bo facer que xa teñen demostrado as profesionais do Asilo. As nosas traballadoras deben poder traballar con toda a tranquilidade que merecen, e que lles pode proporcionar ter estas probas.

Non imos admitir que se discrimine a Ribadavia e se envíen Test a todos os Asilos da Comarca do Ribeiro e que sen embargo ao de Ribadavia, único público, non se nos envíen TEST nin se realicen probas.

Denunciamos que Sanidade está discriminando o Asilo de Ribadavia ao non repartirlle Test, xa que está distribuíndo Test en Asilos privados e non no noso, diante da espera pasividade das autoridades locais. Por iso reclamamos que o Concello tome novas medidas activas e contundentes para que Ribadavia teñamos Probas-Test.

Por último, Ribeiro en Común queremos agradecer a grande labor demostrada por todos os traballadores e traballadoras do Asilo, así como a nosa máxima confianza no seu bo facer que están demostrando diariamente. Por iso o Concello deberamos estar ao seu mesmo nivel e altura e proporcionarlles a tranquilidade que as nosas traballadoras e residentes merecen.

Recordamos que desde fai 14 días temos reclamado estas probas para traballadoras e usuarios do Asilo e do Servizo municipal de Axuda no Fogar. A día de hoxe a resposta oficial no Concello ao noso grupo é que seguimos sen ter ningunha certeza por parte do SERGAS.

Pregamos difusión para conseguir o que consideramos xusto e necesario.