Satisfacción pola realización das probas no Asilo de Ribadavia

Satisfacción pola realización das probas no Asilo de Ribadavia e optimismo de que os resultados sairán ben.

Propoñemos que, cando volvamos a unha situación de normalidade, desde o Concello lle rindamos homenaxe e recoñecemento público á toda a xente do Asilo como agradecemento pola súa enorme labor e esforzo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribeiro en Común manifestamos a nosa satisfacción polas probas realizadas no Asilo e que puxeron fin a esta longa e inxusta espera que rematará en breve cando nos dean os resultados.

Onte venres foron realizadas as probas- Test PCR a persoal e residentes do Asilo de Ribadavia.
Unha gran nova que, se ben chega tarde por parte do Sergas, porá fin a incertidume que levan padecendo durante estas semanas traballadoras e familiares.

O noso grupo ten a certeza de que as probas sairán ben, pois o traballo realizado por todo o persoal do Asilo foi impecable. Prevención, limpeza, protocolos, e as máximas precaucións no traballo diario.

Desde que a crise do COVID19 comezou en todo o país, no noso Asilo tomáronse as medidas de hixiene e desinfección que as autoridades sanitarias recomendaban, e moitas máis, e levouse a cabo o protocolo de illamento das persoas afectadas.

Grazas ao bo facer dos traballadores e traballadoras e do seu xerente esta situación puido abordarse da mellor maneira posible, con profesionalidade e con todas as precaucións posibles.

Manifestamos a nosa satisfacción polas probas realizadas no Asilo o venres e que puxeron fin a esta longa espera de incertidume e estrés que as traballadoras e familiares tiveron que sufrir inxustamente, e que rematará en breve cando nos dean os resultados.

Reiterar o noso total apoio a traballadoras, xerente e profesionais do Asilo e todo o noso ánimo para estes momentos de espera, desde a seguridade de que xa teñen demostrado as enormes profesionais e persoas que son.

Cando todo isto pase, a sociedade ribadaviense e o Concello estaremos sempre en débeda coa nosa xente do Asilo. Por iso, cando isto remate e volvamos a unha situación de certa normalidade, desde o Concello estamos xa obrigados a render homenaxe e recoñecemento público por toda a labor e esforzo que teñen feito