Fomento repinta a sinalización horizontal da avenida 25 de xullo e outras rúas

FOMENTO REPINTA A SINALIZACIÓN HORIZONTAL DA AVENIDA 25 DE XULLO, FRACISCO CASTELLÓ E AVENIDA DE PONTEVEDRA, PASANDO O VIADUCTO DO RÍO ARENTEIRO

NOVO CARRIL CENTRAL PARA ACCEDER DENDE A AVENIDA 25 DE XULLO Á RÚA BEN-CHO.SEY

AVANTAR ACTIVIDADES

Tras a solicitude realizada polo concello do Carballiño, Fomento está procedendo estes días ao repintado da sinalización horizontal da Avenida 25 de Xullo, Francisco Castelló e Avenida de Pontevedra, ata pasar o viaducto do río Arenteiro.

Trátase de viais de moito tráfico, con diversos pasos de peóns e interseccións con rúas de sentido único e dobre sentido, así como zonas de estacionamento e paradas de autobús, cuxa sinalización é esencial para mellorar a seguridade dos peóns e conductores.

Ademáis do repintado dos carrís que xa estaban marcados, engádese un novo carril na parte central da avenida 25 de Xullo, no sentido Ourense ao Carballiño, para acceder á rúa Ben-Cho-Sey, evitando que os vehículos que circulen na mesma dirección teñan que esperar tras os que se incorporen a esa rúa.