Ribeiro en Común reclama un servizo de conciliación reforzado e ampliado en Ribadavia.

O Concello non debe mirar para outro lado como acostuma facer, e debe ampliar recursos á conciliación xusto nun momento no que as familiar máis o necesitan.

Ribeiro en Común reclama unha modificación orzamentaria para multiplicar a Conciliación no noso concello. O peche de colexios e a incertidume dos campamentos da Xunta está causando unha situación de preocupación en moitos fogares do noso municipio.

FESTAS EN RIBADAVIA

A decisión da Consellaría de Educación e da Xunta de seguir cos colexios pechados ata setembro está causando un prexuízo moi grande a moitas familias ribadavienseS,  fronte a isto o goberno local actúa de maneira pasiva cando a estas alturas xa debera ter o proceso iniciado, xa que a Xunta  ten previsto en breve anunciar as pautas para estas actividades de conciliación., e o Concello non pode cegar tarde, xa que moitas faimilas de Ribadavia precisan de axuda para conciliar cos seus traballos.

Sen embargo, comezando xuño o goberno local nada ten feito en materia de conciliación, tampouco pesar de levarmos moitos meses cos nenos e nenas nas súas casas a cargo das familias.

Ademais, ao peche de colexios hai que sumarlle a incertidume existente respecto dos campamentos de verán da Xunta, xa que comezando xuño a Consellaría de Política Social aínda non ten nada publicado, cando no ano 2019 no mes de abril fora xa publicado no Diario Oficial de Galicia, tendo ata o 7 de maio de prazo para inscribirse.

A crise do COVID19 non debera ser escusa para Concello e Xunta para non realizar accións de conciliación.

Por iso Ribeiro en Común lle esixe ao goberno local que actúe xa e propón unha Modificación Orzamentaria para ampliar os recursos en materia de conciliación do Concello.

O Concello de Ribadavia debe aumentar as súas actividades de conciliación, os seus campamentos, horarios, e recursos e para iso só é posible aumentando a partida orzamentaria, comezando a traballar xa coas empresas coas que desde o Concello se leva traballando nos últimos anos.

Ribeiro en Común propón que a partida pase dos actuais 10.000 (Orzamento 2019) e pase aos 20.000 euros (fronte aos 11.800 que propuxo no seu día o PP).

Debido a situación de excepcionalidade que se vive en moitas familias cos nenos con moitos meses sen acudir a escola, Ribeiro en Común propón que nestas accións de conciliación se amplie o horario e as accións ofertadas dirixidas a nenos e nenas censadas ou que se vaian censar en Ribadavia, de ata 12 anos.

Da mesma maneira que aconteceu coas Axudas a parados e autónomos aprobada no pasado Pleno, unha vez máis ten que ser Ribeiro en Común quen tome a iniciativa e obrigue ao goberno local a actuar, goberno que sempre vai a remolque pois só mostra preocupación para a propaganda e medidas estéticas, nunca tomou unha iniciativa propia de traballo e investimento de cara a mellorar a vida dos veciños e veciñas de Ribadavia.