Información Útil para votar por correo de galegos que residindo no extranxeiro se atopan estes días en Galicia

Nos últimos días houbo un importante número de solicitudes de información de galegos que residindo no estranxeiro encóntranse temporalmente en Galicia e desexan participar nas eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o próximo 12 de xullo.

Dado que estas persoas se encontran residindo en diferentes concellos de Galicia e seguramente poida haber máis nas mesmas circunstancias, queremos facer chegar esta inquietude a todas as persoas interesadas que se atopen nesas circunstancias, para que se poida estar atentos a situacións deste tipo en veciños do tódolos concello para informalos axeitadamente, e así que poidan votar.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha persoa que resida habitualmente no exterior, é un “elector residentes ausente” que está incluido polo tanto no CERA (Censo de Españoles Residente Ausentes). No momento actual pode ocurrir que haxa galegos residentes no exterior que estén en Galicia sin poder regresar aos seus paises de residencia habitual, polo situación de confinamento derivado da Pandemia do COVID19 que provocou cerre de fronteiras, en especial con América.

Pois ben, si unha destas persoas galegas inscrita no CERA encóntrase temporalmente en Galicia (ou no resto de España) para poder votar.

INDICACIÓNS:

–    Primeiro paso

Así terá que solicitar o voto en calquera oficina de Correos dende o 19 de maio ao 2 de xullo.

Se dispón de  firma  electrónica, pode solicitar o voto por  correo de forma                        telemática na seguinte dirección

https://www.correos.es/ss/Satellite/site/producto-1363205193352- online  cartas documentos/detalle de  producto-sidioma=es ES.

Debe ter en conta ao rellenar a solicitud: que  na  parte superior  do impreso ten que MARCAR no apartado previsto ao efecto, que reside no exterior. Asímesmo debe indicar cal é o seu domicilio “actual” en España para que lle remitan a documentación.

–     Segundo Paso

A Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral enviará do 22 de xuño ao 5 de xullo a documentación necesaria para que poidan votar.