O Psdeg-Psoe “desparasita” a páxina web da Deputación de Ourense

O Psdeg-Psoe “desparasita” a páxina web da Deputación de Ourense tras unha nova resolución xunta electoral por incumplir Baltar a lei

Advirten de novas denuncias ante os xulgados por publicacións en redes sociais que non foron retiradas e que son “pura propaganda cargada de mentiras” do “reincidente múltiple Baltar”

AVANTAR ACTIVIDADES

Os socialistas cualifican os feitos como “unha afronta ao prestixio da institución nunca vista” e esixen as desculpas de Baltar por “pisotear mediante ordes ditatoriais as leis e as normas da democracia”

Unha nova denuncia do PSdeG-PSOE ven de conseguir a “desparasitación” parcial dos espazos institucionais da Deputación de Ourense, que Manuel Baltar leva semanas pervertendo, mediante a publicación de textos na páxina web e nas redes sociais que nada teñen que ver co carácter institucional que deben ter estes espazos. Os socialistas consideran “escandaloso” que o “reincidente múltiple Baltar” acumule requirimentos da xunta electoral por incumprir a lei e advírtenlle que xa están en trámite novas denuncias por publicacións en redes sociais que non foron retiradas e que son “pura propaganda cargada de mentiras”.

A nova resolución asegura: “Según lo acordado por esta junta, en sesión del día de la fecha, se le notifica la resolución que literalmente se transcribe: Primero. Escrito del representante del PSdeG-PSOE, presentado el día 23/06, en el que denuncia a la Diputación Provincial por incumplimiento de los acuerdos de esta junta electoral y de la Xunta Electoral de Galicia de 15 y 19 de junio respectivamente.

De dicho escrito, se da traslado por un día al organismo denunciado. Recibido el escrito de alegaciones, en el que se manifiesta que se retira la totalidad de la información objeto de la denuncia”. A última denuncia presentada o pasado martes ante este órgano motivou a retirada dun texto da páxina web baixo o título “José Manuel Baltar Blanco: Confirmado oficialmente: Rodríguez Villarino, contra os autónomos e as Pemes de Ourense” logo da correspondente advertencia da xunta electoral.

Iste é un dos numerosos exemplos de propaganda do PP coa que o goberno bipartito de PP e DO “está a parasitar os espazos informativos institucionais, incumprindo manifestamente a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), as súas instrucións interpretativas e os reiterados avisos e requirimentos da xunta electoral”, afirman os socialistas no que cualifican como www.psdegpsoeourense.es Tel. 988370386 Ribeira de Canedo 24-26 32001 Ourense @PSdeGdeOurense “unha afronta ao prestixio da institución nunca antes vista”.

“Os espazos institucionais informativos nunca -incluso durante o mandato do seu pai- se viran tan afectados polo caciquismo do PP como agora”, salientan. Esta “propaganda burda do PP” continúa colgada nas redes sociais oficiais da Deputación, polo que xa se están a tramitar máis denuncias para “defender á institución das gadoupas do reincidente Baltar”.

“O presidente debe pedir desculpas públicamente por incumprir o seu propio código ético, por ignorar reiteradamente á autoridade electoral durante semanas e por pisotear mediante ordes ditatoriais as leis en vigor e as normas máis básicas de democracia e do xogo limpo”, conclúen