José González: “A irresponsablidade de Villarino pon en perigo un sector primario que amosou a súa fortaleza e agora precisa de axuda”

MITIN EN LOBEIRA DO PPOU ás 19.00 no Bar Alero. Interveñen Antonio Iglesias, Miguel Santalices, José González e Manuel Baltar

Nos mítines de Lobeira e Lobios

  • José González, número tres da candidatura, afirmou que o representante socialista demostra unha absoluta ignorancia sobre o campo ourensán, co seu requerimento verbal diante dun subdelegado do goberno que se presta ao xogo sucio”. Dixo “non imaxinar o rural ourensán nas mans dun irresponsable, que non é quen de entender nin valorar os esforzos que a Xunta e a Deputación fan polo campo”.
  • O presidente provincial Manuel Baltar acusou ao portavoz na Deputación de “lanzar un torpedo en toda a liña de flotación dos autónomos e pemes do sector primario da provincia, que teñen a capacidade para liderar a transformación do rural, mesmo resistindo mellor que outros ámbitos o impacto da pandemia no emprego e sendo un dos sectores clave para asistir á poboación”.
  • Cara unha nova etapa no Parlamento galego, o número dous da lista, Miguel Santalices comprometeuse a que “os deputados convirtan a próxima lexislatura no mandato das per O número tres da candidatura do Partido Popular por Ourense e desde hai dous anos titular do departamento de Medio Rural da Xunta, José González, advertiu hoxe que “a irresponsabilidade de Villarino pon en perigo un sector primario que amosou e súa fortaleza durante a crise sanitaria e que agora precisa de axuda, como a facilitada pola Deputación de Ourense para autónomos e pemes, que son maioría no rural”.


José González reiterou o compromiso de “seguir deseñando innovadoras ideas como ferramenta clave para a creación de novas oportunidades e a mellora da competitividade das explotacións”. “Nós témolo claro –sinalou- pero o que non o entendeu foi o señor Villarino, que demostra unha absoluta ignorancia sobre o campo ourensán, co seu requerimento verbal diante dun subdelegado do goberno que se presta ao xogo sucio”.

AVANTAR ACTIVIDADES

González dixo “non querer imaxinar o rural ourensán nas mans dun irresponsable, que non é quen de entender nin valorar os esforzos que a Xunta e a Deputación fan polo campo”. Así, contrapuxo o ataque frontal do portavoz socialista na Deputación ás axudas da institución provincial coas iniciativas postas en marcha pola Xunta para xerar riqueza e emprego, como os impostos cero no rural nesta lexislatura ou proxectos para un novo mandato como o pulo á comercialización e internacionalización dos produtos agroalimentarios, unha nova lei de calidade alimentaria, a recuperación e posta en valor das terras agrarias, a creación dunha oficina agraria móvil, un plan de formación continua no agro, ou unha estratexia de dinamización das zonas vitivinícolas.

MANUEL BALTAR: “COA SÚA RUINDADE, VILLARINO ESTÁ A NEGAR A AXUDA QUE HOXE PRECISAN OS NOSOS AGRICULTORES E GANDEIROS”.

En Lobeira e Lobios, onde os populares de Ourense desenvolveron a súa xornada de campaña, o presidente provincial, Manuel Baltar, acusou acusou ao representante socialista de “lanzar un torpedo en toda a liña de flotación dos autónomos e pemes do sector primario da provincia, que teñen capacidade para liderar a transformación do rural, mesmo resistindo mellor que outros ámbitos o impacto da pandemia no emprego, sendo un dos sectores clave para asistir á poboación”.

Defender o campo ourensán, dixo Baltar, “non é facer unha xira polas comarcas e concellos para falar do seu libro e obviar que coa súa ruindade está a negar a axuda que hoxe precisan os nosos agricultores e gandeiros”.

Os autónomos e pequenos e medianos empresarios do rural, asegurou o presidente provincial, “xa coñecen as consecuencias do proceder dunha persoa que non debería estar nin un minuto máis na política, porque alí por onde va nos din que non lle escoita ninguén dos afectados”.

O Partido Popular de Ourense, anunciou, “non vai parar ata que a inmensa maioría dos ourensáns, pero sobre todo as familias deses autónomos e empresarios, “saiban polo miúdo que non todo vale en política, e que tratar de sacar tallada electoral coa súa rexeitable actitude terá como resultado o desprezo daqueles que acudiron á Deputación na procura de axuda”.

Desde a institución provincial e co apoio da Xunta “nós imos devolverlle aos nosos agricultores e gandeiros e ás súas familias a excelente resposta que tiveron durante a pandemia, e se precisan de máis axuda que ninguén dubide que procuraremos unha solución, estea ou non Villarino nas institucións das que cobra por atentar contra os ourensáns.

MIGUEL SANTALICES: “A PRÓXIMA LEXISLATURA SERÁ O MANDATO DAS PERSOAS”.

Na súa comarca, o número dous da candidatura, Miguel Santalices, destacou “a fortaleza que mostrou o sistema sanitario galego fronte ao coronavirus”, pero tamén fixo unha chamada á prudencia “para que non baixemos a garda se manteñamos as medidas de seguridade que nos indican as autoridades sanitarias”.

Cara unha nova etapa no Parlamento galego, Santalices comprometeuse a que “os deputados da cámara galega convirtan a próxima lexislatura no mandato das persoas”, co fin de poñer en marcha todas cantas iniciativas sirvan para paliar os problemas económicos e sociais derivados da pandemia.