Ribeiro en Común critica que o alcalde use o seu cargo con usos partidistas do Partido Popular

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación asegura que despois de que César Fernández participara como Alcalde de Ribadavia nun acto contra o goberno do Estado e a Federación de Municipios e Provincias fai unhas semanas, volveu a facelo, esta vez ás portas do Concello de Rivadavia, e aseguran que supón un novo agravio á institución que representa. A formación critica que se faga este acto como un posicionamento da alcaldía.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para Ribeiro en Común o goberno e a alcaldía do Concello deben estar a altura da institución e representala sen o sectarismo partidista que afirman que se puido ver en Vigo o mes pasado e que de novo onte.

Así mesmo, Ribeiro en Común anuncia que presentará unha iniciativa para que o Concello de Ribadavia demande poder facer uso do remanente do noso Concello para investimentos reais en Ribadavia, algo que non a día de hoxe non se pode facer por culpa da chamada lei Montoro e por culpa da pinza PP-VOX no Congreso.