1.700 máscaras para o sector turístico de “Terra de Celanova-Serra do Xurés”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O Inorde está a distribuír un total de 1.700 máscaras entre os autónomos e empresarios do sector de servizos turísticos do xeodestino “Terra de Celanova-Serra do Xurés”, iniciativa que se enmarca no convenio asinado entre o Inorde e maila Axencia Turismo de Galicia para a reactivación turística nestes territorios. As máscaras, que se distribuirán en colaboración cos concellos, son ecosostibles, reutilizables e cen por cen galegas. Para a súa identificación están personalizadas co logotipo do xeodestino e inclúen o lema co que se pretende dar a coñecer este destino turístico: “Terra de Celanova – Serra do Xurés: Pedra viva!”. 

O presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, afirmou que os xeodestinos “son entidades esencias para a recuperación do turismo, un dos sectores máis afectados pola pandemia, de aí que procuráramos o seu impulso con este convenio”. Así, o acordo asinado coa Axencia Turismo de Galicia inclúe, xunto coa repartición das máscaras, outras catro actuacións: o deseño dun Xeotour Celanova-Xurés, un mapa-guía interactivo, un plan de promoción online e asistencia técnica. O orzamento deste convenio é de 40.000 euros, dos que 22.500 son aportados polo Inorde e o resto pola Axencia Turismo de Galicia, sendo o custo das máscaras de 8.000 euros.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Integrado por catorce concellos das comarcas de Celanova e da Baixa Limia, este xeodestino ten por obxectivo consolidar unha oferta centrada no turismo cultural, activo e de natureza, sen esquecer a súa fortaleza no ámbito do turismo termal.