A secretaría provincial de emigración do Psdeg-Psoe de Ourense informa de que Alemania eleva os mínimos exentos para a declaración da renda

O secretario de emigración, Luís Gulín, sinala que “está supeditada ao inminente fallo do Tribunal de Finanzas de Alemania sobre a legalidade de someter a IRPF as pensións de xubilación”

O PSdeG-PSOE de Ourense, informa a través da secretaría provincial de emigración, de que o Ministerio de Facenda de Alemania, elevará os mínimos exentos para a declaración da renda dos anos fiscais 2021 e 2022. Este limiar afecta tamén aos emigrantes retornados de Alemania obrigados a pagar o 5% de IRPF sobre a súa pensión alemá.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para o ano fiscal 2020, o límite está en 9408 euros anuais, acordándose para o 2021, 9744 euros e para o 2022, 9984 euros como límite de estar exentos do pago o 5 por cento. Estas cantidades exentas aplicaranse ao que só cobra única e exclusivamente pensión alemá, de vellez ou de viuvez ou ambas á ve,) e tamén ao que teña a maiores pensión española.

O secretario provincial de emigración, Luís Gulín lembra que por parte do Ministerio de Facenda de Alemania “están tamén suxeitas a tributación do 5 por cento as pensións complementarias das empresas, as chamadas Betriebsrenten”. Gulín tamén apunta que esta información “está supeditada ao inminente fallo do Tribunal de Finanzas de Alemaña (o Tribunal Supremo xermano en temas tributarios) sobre a legalidade de someter a IRPF as pensións de xubilación”.