A Deputación destina medio millón de euros a concellos e entidades deportivas

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) cos membros da Xunta de Goberno. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e ViceSecretario da Deputación Ourense).

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, aprobou hoxe, na reunión celebrada por videoconferencia, a concesión de achegas por un importe total de 509.772 euros para concellos e entidades deportivas da provincia en temas referidos a xestión, infraestruturas e servizos.  

No que atinxe ás axudas a entidades deportivas, aprobouse unha subvención nominativa por importe de 20.000 euros a favor de Asociación Campus Universitario Rugby Club para gastos de funcionamento da entidade, tempada 2020-2021; para o Club Deportivo Arenteiro, 25.000 euros, co mesmo concepto para a tempada a tempada 2019-2020; para a Federación Galega de Hóckey, unha achega de 73.000 euros para a instalación do Centro de Tecnificación de Galicia; para a Federación Galega de Judo e disciplinas asociadas, 2.561 euros para as escolas deportivas 2020, e para a Unión Deportiva Ourense Club Deportivo, 53.500 euros para gastos de funcionamento da entidade correspondentes á tempada 2019-2020. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Con respecto aos concellos, aprobáronse achegas por un importe total de 335.711 euros para temas sociais, de xestión, infraestruturas e equipamentos. As entidades beneficiarias son os concellos de Boborás, Cualedro, Larouco, Porqueira, Vilamarín e a mancomunidade de municipios da comarca de Verín.  

Tamén aprobou a Xunta de Goberno as bases reguladoras e convocatoria da concesión de bonificación a entidades deportivas polo uso das instalacións do Pazo dos Deportes “Paco Paz” durante a temporada 2020-2021; e a resolución do concurso público de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a persoas físicas que leven a cabo proxectos empresariais e de autoemprego en concellos rurais de menor poboación, no marco do proxecto emprendOU.