Recepción ao ciclista Iván Feijoo na Deputación

Recepción de Manuel Baltar (Prsidente da Deputación Ourense) a Iván Feijoo Alberte tras proclamarse campión de España Sub23 de Ciclocross na proba disputada no circuito pontevedrés da “Illa das Esculturas” e confirmar tamén o seu primeiro podium ó quedar 3º na Copa do Mundo de CicloCross. Acompáñano Julia Feijoo Álvarez (a sua tia) e Bernardino González Vázquez (Asesor de deportes da Deputación Ourense).

O presidente Manuel Baltar felicitou ao deportista ourensán polos seus recentes éxitos como campión de España, título acadado por terceira vez, e polo seu terceiro posto na Copa do Mundo 

O presidente da Deputación de Ourense recibiu hoxe no Pazo Provincial ao ciclista alaricano Iván Feijoo, a quen felicitou polos recentes éxitos acadados na súa especialidade de ciclocross, da que é actual campión de España sub-23 -título conseguido en tres ocasións- e quen recentemente vén de dar un gran paso na súa carreira deportiva subindo ao podio na pasada Copa do Mundo, celebrada en Tabor (República Checa), onde acadou o terceiro posto. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Baltar transmitiulle “os parabéns e todo o noso recoñecemento polo orgullo que supón que un ourensán estea na elite do ciclocross mundial, levando o nome da nosa provincia aló por onde vai, desenvolvendo unha especialidade deportiva de máxima esixencia e sacrificio”, expresou. 

Iván Feijoo, pertence ao equipo Nesta-Skoda Alecar e estuda 4º curso Medicina na Facultade de Santiago de Compostela. Na recepción de hoxe na Deputación fíxolle entrega ao presidente Baltar do maillot representativo da súa participación na Copa do Mundo, e recibiu por parte da institución provincial unha figura que representa a fonte termal das Burgas.