
O comité clínico que asesora á Xunta en materia sanitaria e nesta pandemia reunise na tarde de onte para avaliar o progreso do coronavirus na comunidade. Esta mañá, o conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, agradeceu a colaboración cidadá ante as novas medidas. O conselleiro acordouse dos falecidos e amosou os datos optimistas de hoxe, cun descenso en ocupación de UCI e camas hospitalarias.
Por áreas sanitarias, todas teñen a tasa a 14 días superior ós 550. As grandes cidades galegas melloran a súa incidencia acumulada a 7 días. Ourense pasou de 525 a 389. Pola contra, Lugo e Pontevedra asumen un empeoramento de datos. Os modelos de predición da evolución, segundo Carmen Durán, directora xeral de saúde pública, amosan que é moi posible que pasaramos xa o pico da terceira vaga.
En canto ás novas cepas presentes xa en Galicia, a día de hoxe hai 14 casos confirmados da variante británica, 1 caso da variante sudafricana e 200 casos en estudo.
O conselleiro anunciou que as farmacias de Pontevedra súmanse ó programa de cribado por test de saliva, unha iniciativa que se estuda aplicar en toda Galicia.