“Desde o grupo provincial do BNG de Ourense reclamamos a recuperación da atención presencial dos centros médicos”, declara Bernardo Varela, voceiro do grupo Provincial do BNG, “máis ainda cando xa se está vaciando e observando as graves consecuencias na rebaixa nesta atención.”
“Entendemos que haxa cuestións atendibles mediante atención telefónica, como a renovación de recitas, renovacións de baixas, consulta de resultados de analíticas, entre outras cuestións.” Sinala o voceiro nacionalista. “Porén, o que é a avaliación dos enfermos e pacientes, require dunha atención personalizada por parte dos centros médicos. Que ademais evitaría a saturación de urxencias sanitarias, e evitaría que os paciente se vexan obrigados a recurrir á sanidade privada.”
“Nestes momentos temos coñecemento de casos no que esta falta de atención ten provocando o agravamento de patoloxías”. Explica Varela, “porque, por exemplo, dectectar unha apendicite por teléfono non resulta posible, ao igual que noutras tantas patoloxías.”
Así o BNG, desde o grupo provincial de Ourense, demanda ao SERGAS a recuperación inmediata da atención presencial nos centros médicos da provincial.