O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén visita o laboratorio oficial de metroloxía de Galicia

IES CHAMOSO LAMAS

Gabriel Alén subliñou a “fundamental achega deste laboratorio á I+D+i pois colabora no desenvolvemento dun proceso innovador no campo da metroloxía, tanto na parte técnica como na posterior normalización, contribuíndo á mellora da competitividade do tecido industrial galego”

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ao Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas para visitar o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG).

HIPER MASIDE

O delegado percorreu estas modernas instalacións e interesouse polo miúdo polas súas función e os seus cometidos. Gabriel Alén subliñou a “fundamental achega deste laboratorio á I+D+i pois colabora no desenvolvemento dun proceso innovador no campo da metroloxía, tanto na parte técnica como na posterior normalización, contribuíndo á mellora da competitividade do tecido industrial galego”.

O LOMG é un centro integrado na Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que apoia con carácter horizontal ao tecido industrial en actividades relacionadas coa medida.

Este apoio realízao a través dunha ampla carteira de servizos tecnolóxicos, maioritariamente apoiados pola acreditación da ENAC (Entidade Nacional de Acreditación), e conforme a normas nacionais e internacionais de amplo recoñecemento.

Presta servizos de calibración, medida, ensaio, control metrolóxico de determinados instrumentos e de asesoramento e formación.