Ourense vence terreo á covid cun descenso de casos e de ingresos nos hospitais

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 103 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.977, o que amosa un leve descenso. A presión asistencial mantense. Hoxe hai 43 (-3) persoas na UCI, e 147 (-16) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta unha variación positiva. Hoxe hai 8 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto ó venres en 7 casos, ata os 246 casos totais. Os hospitais presentan hoxe unha leve baixada na presión ocupacional. Contamos con 13 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (-2) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES