A Escola de Danza de verán volverá ca súa actividade o próximo venres

A Escola de Danza de verán, que ía a comezar hoxe martes, trasládase ao xoves, por causa do mal tempo para estes días. A partir do xoves retomarase o programa previsto en todas as modalidades. Hai un límite de 20 prazas para cada clase, con inscrición 15 minutos antes de cada unha delas e celebraranse, coma sempre, na praza da Veracruz. Haberá zumba, os martes e xoves de 20:45 a 21:30 horas; zumba kids, tamén os martes e xoves, de 19:45 a 20:30 horas e bailes latinos, os luns e mércores de 20:30 a 21:15 horas.