O Psdeg-Psoe de Ourense aposta por unha alternativa progresiva e sustentable para a rebaixa do imposto de vehículos fronte á proposta regresiva do bigoberno do-pp

Os socialistas denuncian o “silencio cómplice” do Partido Popular, ao non tomar a palabra durante o debate da iniciativa e pregarse a unha decisión “populista e gravosa” para a cidade

Aseguran que, dos máis de dous millóns que deixaría de recadar o Concello segundo o modelo de DO, un millón sería aplicable a vehículos de cilindrada media-alta, tipo sedán ou gran sedán

AVANTAR ACTIVIDADES

O PSdeG-PSOE aposta por unha alternativa progresiva e sustentable para levar a cabo a rebaixa do imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) fronte ao modelo “claramente regresivo” proposto polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. Así o manifestaron os socialistas durante o pleno municipal extraordinario celebrado este xoves, no que a corporación municipal rexeitou sacar adiante a medida, que contou cos votos a favor de DO, Ciudadanos e PP.  

A este respecto, o voceiro municipal socialista, Rafa Villarino, lamentou o “silencio cómplice” dos socios de goberno de Jácome, que decidiron non tomar a palabra durante o debate da iniciativa, pregándose ao que o socialista tachou de “decisión populista e gravosa” para a cidade de Ourense. “O alcalde está a calarlles a boca con billetes nesta patraña de goberno no que a máxima é a de todos por la pasta, e ao que non lle interesa o máis mínimo a cidade de Ourense”, asegurou.

Ademais, censuran o estilo “nazi” e de Pérez Jácome, que “emprega a manipulación e o sinalamento público para xerar odio, impoñendo o feísmo político nas institucións”.

Alternativa progresiva e igualitaria

En relación á rebaixa do IVTM, Villarino defendeu unha proposta alternativa ao que cualificou de “medida simplista” do goberno de Jácome, que ademais “pon en perigo a estabilidade orzamentaria do Concello e atende a un modelo regresivo e antidistributivo, no que os que máis aforran son os que teñen vehículos de maior cabalaxe. É dicir: a maior potencia, o aforro é moito maior”.

Segundo consta na argumentación da rebaixa proposta polos socialistas, o modelo alternativo favorecería o retorno para aqueles que menos teñen, coa posibilidade de recuperar a curto prazo os ingresos unha vez que mellore a situación económica ao superar os efectos causados pola pandemia.

Neste sentido, a proposta do PSdeG-PSOE significaría unha diminución de 359,664 euros para as arcas municipais, fronte aos máis de dous millóns que deixaría de recadar o Concello segundo o modelo de DO, dos cales un millón sería aplicable a vehículos de cilindrada media-alta, tipo sedán ou gran sedán, con cilindradas superiores aos 2.000 cc.

 “Se estiveramos dispostos a facer unha rebaixa neste tributo poderiamos facela de xeito progresivo. A rebaixa sería máis beneficiosa para os propietarios de vehículos de menor cilindrada e primaría os dedicados ao transporte público”, abundou o socialista, quen sinalou que este enfoque non só sería máis “xusto e igualitario” senón que tería unha orientación “descontaminante” e permitiría garantir a “sustentabilidade financeira” do Concello.

Mobilidade sostible

Así as cousas, os socialistas avogan por rebaixas adicionais en materia de mobilidade sostible, en liña cos obxectivos da Axenda 2030 e as metas marcadas pola Rede Española para o Desenvolvemento Sostible, que a principios deste ano publicaba un informe –”Los ODS en 100 ciudades españolas” – no que consta que Ourense só cumpre dous dos seus 17 obxectivos.

“Se o Concello busca facer rebaixas adicionais en mobilidade, unha boa opción sería que primase o transporte colectivo a través de maiores bonificacións no billete”, defenden, ao tempo que reclaman que o goberno local dea cumprimento da moción socialista aprobada en sede plenaria o pasado mes de maio a prol da posta en marcha dun plan estratéxico de acción local para o desenvolvemento dos obxectivos de mobilidade sostible marcados pola Axenda 2030.

O 29 de xuño de 2018 o Consello de Ministros do Goberno de España aprobou  o “Plan de Acción para a Implementación da Axenda 2030: Cara a unha  Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible”; e o 22 de febreiro de 2019  presentouse no Consello de Ministros a Axenda Urbana Española, un  documento estratéxico de adhesión voluntaria que, de conformidade cos  criterios establecidos nas axendas internacionais, persegue o logro da  sostibilidade nas políticas de desenvolvemento urbano.