O BNG urxe ao Goberno Local a retomar os cursos de perfeccionamento de natación para a rapazada, eliminados actualmente da oferta do Pavillón dos Remedios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Denuncian que foron eliminados sen previo aviso, porque no díptico informativo seguen aparecendo, pero cando as nais e pais van inscribir as súas fillas e fillos, ao chegar ao mostrador, son informados de que a oferta foi eliminada

Tamén solicitan a reapertura aos abonados da piscina Rosario Dueñas en horario de tarde, concretamente entre as 17:00 e as 20:00 horas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá compareceu ás portas do Pavillón dos Remedios o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, o motivo, tal e como explicou a concelleira Rhut Reza, quen forma parte tamén do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes era denunciar o feito de que “calquer neno ou nena que aprendera a nadar nos cursiños do CMD e queira perfeccionar a súa técnica durante 3-4 meses, non vai poder facelo porque o actual goberno Local eliminou os cursiños de natación de perfeccionamento para crianzas”.

No BNG lembran que o CMD sempre tivo unha oferta pública formativa de cursiños de natación estruturada en nivel iniciación e nivel perfeccionamento, mais, segundo Rhut Reza, “o grupo de goberno aproveitou a COVID-19 para eliminar os cursiños do segundo nivel”.

Reza lembrou que “hai uns meses Jácome comprometérase a mantelos, mais o certo é que tanto el como o actual concelleiro de deportes Mario Guede, eliminaron a oferta de cursiños do nivel de perfeccionamento para as cativas e cativos”. E engade, “no caso dos adultos, só se oferta en horario de mañá e ningún en horario de tarde”.

Dita eliminación realizouse sen previo aviso e desde o BNG mesmo advirten de que nos dípticos informativos do CMD aínda figuran. “Cando as nais e pais acoden para inscribir aos seus fillos e fillas, ao chegar ao mostrador logo de agardar a cola, atópanse con que foron eliminados, tendo que acudir á oferta privada facendo un desembolso a maiores de 20 € ao mes”.

No BNG afirman que “se é por falla de persoal, xa que nos últimos anos houbo cinco xubilacións de monitores que non foron cubertas, urximos ao grupo de goberno a cubrir as xubilacións dos últimos anos e garantir o persoal tanto de socorristas como de monitores para que se poidan realizar os cursiños de natación de perfeccionamento”.

 Desde o BNG solicitan tamén a abrir a piscina Rosario Dueñas aos abonados do Pavillón en horario de tarde, concretamente entre as 17:00 e as 20:00 horas xa que actualmente nesta franxa horaria permanece pechada para eles.