O 16º Día da Bici terá lugar o domingo día 10, con grandes sorteos

O 16º Día da Bici do Carballiño terá lugar o próximo domingo pola mañá, cun formato familiar dividido en dúas opcións de percorrido: unha longa de 7 quilómetros e outra curta de 2 quilómetros e medio. A saída e a chegada faranse dende a Veracruz. As inscricións este ano deberán facerse entre o 4 e o 8 de outubro e de xeito online na páxina do concello. A concelleira de deportes, Silvia Baranda, explicounos máis.

Ademais de facer deporte, participar no Día da Bici terá premio. Por unha banda haberá un sorteo de vales de compra para o comercio local do Carballiño, e tamén doutros produtos, coma unha bicicleta.

AVANTAR ACTIVIDADES