Procedemento: Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de
mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021
Asunto: Resolución definitiva de concesión de subvención.
FEITOS
- Por resolución da directora de Turismo de Galicia do 13 de setembro de 2021, (DOG,
núm.180 do 17/09/2021), establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en
réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000
habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa
convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503D). - No expediente consta que a entidade beneficiaria presentou en prazo a
correspondente solicitude de subvención e que conta coa documentación esixida nas
bases reguladoras da convocatoria.
CONSIDERACIÓNS TÉCNICAS E LEGAIS
- De conformidade co disposto no artigo 10 das bases reguladoras, a Xerencia da
Axencia Turismo de Galicia é o órgano competente para a instrución do procedemento e
correspóndelle ditar esta resolución á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de
Galicia. - As subvencións reguladas nestas bases serán compatibles coa percepción doutras
subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo obxecto e finalidade
procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais ou de
organismos internacionais, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía
que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou
recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados,
nacionais ou internacionais, supere o custo da actuación subvencionada.
RESOLVO:
Conceder ao Concello de Leiro con unha subvención para o proxecto
solicitado de acordo coas seguintes condicións:
Denominación proxecto: Sinalización turística con ocultación de contedores en zonas rurais
Subvención concedida: 29.649,84 €
VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV
