O Psoe urxe o concello o desbloqueo do proxecto do camping de Untes

. O PSdeG-PSOE levará unha iniciativa ao pleno municipal do vindeiro venres para esixir que o Concello de Ourense desbloquee, de xeito inmediato, o proxecto de restauración do cámping de Untes a través da solución definitiva dos problemas de saneamento que vén
arrastrando esta zona do rural ourensán e que, a día de hoxe, impiden a
reactivación das instalacións.
Na moción, os socialistas propoñen que o Goberno municipal redacte e asine un
convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) para a construción
dunha nova estación depuradora; ou que encargue a redacción dun proxecto
de canalización de augas, coa finalidade de “retomar un proxecto de gran
interese para a cidade e rescatar o cámping de Untes do absoluto declive e
abandono no que se atopa polo desleixo do goberno municipal”.
“O proxecto do cámping atópase parado porque a depuradora é insuficiente
para abastecer a instalación e o núcleo de Untes”, abundou a concelleira
Natalia González, “por este motivo levaremos unha moción na que
presentaremos dúas solucións posibles para desbloquear este proxecto que
cremos que pode ser moi positivo para o termalismo da cidade e para
revalorizar esta zona”.
Neste sentido, os socialistas apostan por “recuperar as infraestruturas termais e
turísticas da cidade ante a inminente chegada da alta velocidade a Ourense” e
fan un chamamento a aproveitar os fondos europeos Next Generation para
materializar o proxecto de renovación do cámping de Untes, unha dotación que
se atopa “a carón do río Miño, en pleno corazón termal da cidade”.
Do glamour ao terror termal
Sobre o devir histórico desta dotación, dende o grupo socialista lembran que no
ano 2000 empezouse a proxectar, aínda que a súa inauguración non aconteceu
ata unha década despois, no ano 2010, despois de que unha vez construído

existira unha demora de sete anos para sacar adiante a licitación e
adxudicación definitiva da xestión do cámping por parte de Amencer Reciclaje,
que naquel momento creou 14 postos de traballo para persoas con
discapacidade física ou psíquica, antes do peche das instalacións, no ano 2015.
“Foi unha iniciativa pioneira, ao tratarse do primeiro cámping de Galicia, un
referente para toda a comunidade autónoma, particularmente polo seu modelo
de integración laboral das persoas con discapacidade”, destacou a edil
González.
No ano 2018 tiña lugar a presentación dun proxecto de restauración do
cámping de Untes “que contaba con informes urbanísticos favorables e co visto
bo de todos os grupos políticos”, por un importe de 826.341 €, segundo consta
na moción socialista. A iniciativa apostaba por un novo modelo de glamping,
con tendas de deseño fixas, e precisaba dun proxecto de saneamento para
poder licitarse e proceder á súa execución, sinalan.
“Hai seis anos que ese investimento de preto de 900.000 euros se atopa
totalmente paralizado por unha cuestión tan transcendental como é a falta de
saneamento no rural” denunciou a concelleira, ao tempo que reivindicou a
necesidade de “garantir un servizo de abastecemento e saneamento do s. XXI
para todo o rural ourensán”.
Pola súa banda, o voceiro socialista, Rafa Villarino, lamentou que “o que ía
ser o cámping do glamour rematou convertido noutra instalación máis do terror
termal que prolifera en cada recanto desta cidade” ao tempo que apuntou á
responsabilidade do Partido Popular a respecto dunha área que é da súa
competencia: “que se dediquen dunha vez por todas a facer algo por Ourense”,