Sofía García considera que as ordenanzas fiscais do goberno do PSOE incurren un ano máis en varias eivas perxudiciais para o conxunto da veciñanza
A voceira municipal do BNG no Carballiño, Sofía García, rexistrou varias alegacións ás Ordenanzas Fiscais do goberno municipal do PSOE para adaptalas ás necesidades sociais e legais.
A formación nacionalista demanda a eliminación da proposta inicial do goberno dunha suba xeralizadadas taxas e prezos públicos sin unha memoria económico-financieira. Tal como sinala García nasalegacións presentadas ás ordenanzas fiscais “osaumentos de prezos deberán estar xustificados exclusivamente pola evolución dos costes do servizo” non é legal un aumento de prezo dos servizos prestados pola administración pública en base á un aumento do IPC, tal como pretende facer o goberno presidido por Fumega, encarecendo un 2,7% todos os servizos municipais . “Así se constata na Lei 2/2015 derogou calquer vinculación directa ao IPC”
