O Entroido chegou a Cameixa, con creacións feitas a man e moi orixinais

Despois das creacións que puidemos ver nas datas de Nadal en Figueiroa, Cameixa, desprazámonos de novo para comprobar as divertidas decoracións que crearon os veciños para animar o Entroido. Neste caso, as creacións, ademais de mecos personalizados como veciños do pobo, contan con algúns guiños como unha recreación da discoteca Isis Pharia, unha gasolinera ou incluso un Motel, con todos os detalles ben coidados.

Para elaborar estas creacións hai un gran traballo detrás, en torno ás seis semanas, dende que desmontaron o belén artesán no mes de xaneiro. Pero a pesar do esforzo, o que máis conta é a satisfacción de facer algo para animar o pobo e que ademais atrae visitas de toda Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES