Fabiola García visita a casa niño e as dúas casas do maior de San Amaro

A Xunta destina 75.000 euros ao ano para o funcionamento dunha casa niño e dúas casas do maior no concello de San Amaro. A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá as instalacións destes tres centros que, apuntou, supuxeron unha revolución para as veciñas e veciños deste municipio. En primeiro lugar, referiuse ás casas niño recursos de conciliación e atención naqueles concellos máis pequenos do rural. Deste xeito, as familias que residen neles teñen as mesmas oportunidades que as que viven nunha cidade.

O alcalde, Fernando Redondo, agradeceu a visita de hoxe, e aposta da Xunta de Galicia polos servizos sociais, e destacou tamén o gran traballo da concelleira dedicada a esta área.

AVANTAR ACTIVIDADES

A segunda visita foi ás dúas casas do maior deste municipio, do total das 83 que hai en Galicia. Nas vindeiras semanas darase a coñecer a resolución dunha nova convocatoria de casas do maior, que permitirá a apertura de 30 novos centros.