CONV sinatura convenio Castelao grafista Afundación, ABANCA e Celanova

I O acto de rúbrica terá lugar o luns 2 de maio Casa do Concello e está enmarcada en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación

I No marco de «Cultura por alimentos», Afundación anima a todas as persoas asistentes a esta exposición a doaren alimentos non perecedoiros para os bancos de alimentos locais

AVANTAR ACTIVIDADES

Afundación, a Obra Social de ABANCA, o concello de Celanova e ABANCA asinarán o luns 2 de maio ás 12.00 h na Casa do Concello, o convenio para a realización da mostra «Castelao grafista (facsímile)». No acto de rúbrica estarán Antonio Puga Rodríguez, alcalde de Celanova; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. Esta mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.

«Castelao grafista (facsímile)» permanecerá aberta desde o 6 de maio ata o 4 de xuño na Casa dos Poetas de Celanova e poderase visitar de luns a venres en horario de martes a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, e sábados de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas e debuxos e portadas de revistas.

Esta exposición enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.

EventoSinatura do convenio para a realización da mostra «Castelao grafista (facsímile)»
LugarCasa do Concello de Celanova
Data e horaLuns, 2 de maio, ás 12.00 h
  AsistentesAntonio Puga Rodríguez, alcalde de Celanova Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo