Éxito para a volta tras a pandemia da Subida á Saleta en Carballiño e Boborás

Publicidade ASPADISI

A Subida á Saleta do Carballiño e Boborás volveu esta fin de semana logo dun ano de parón, da man da escudería AGE Motorsport. Máis de medio centenar de equipos inscritos participaron nunha competición que nesta última edición, a número 23, estreábase Copa de España de Montaña Norte.

Falamos nesta xornada con Jose Mosquera, un dos pilotos que repetía este ano na Saleta, aínda que cambiando de coche, e con melloras notables e tamén acompañado por un carballiñés.

HIPER MASIDE

Unha fin de semana que tivo claro cor ourensán, co espectacular triunfo de Abrahán Vázquez, que gañou todas as mangas cronometradas da xornada.

Vázquez superou en case dous segundos a Pablo Rey, tamén ourensán e gañador da pasada edición celebrada en 2020, unha vez rematadas todas as tarefas cronometradas. O terceiro chanzo do podio da proba foi para “Pisko” Ventín.

O carballiñés Jorge Coca foi o gañador da categoría de carrocerías aos mandos dun Mitsubishi Lancer Evo IX con pasado na montaña Nacional. Coca, superou a outro ourensán, Javier Carballo co Ford Escort RS2000, en oito segundos.

Nesta Subida á Saleta tamén houbo pilotos de toda Galicia, entre eles falamos con Miguel Díaz e Sergio Valiñas, ambos de Pontevedra, e cun gran posto na xeral.