A constitución da asociación para a defensa do Asilo do Carballiño será o martes 7 ás 20:30 h. no Hotel Arenteiro

Pachi Vázquez fai un chamamento a toda a sociedade carballiñesa para a unión na defensa dun dos símbolos da nosa historia e que está en serio perigo.

Calquer cidadán que o desexe poderá formar parte do colectivo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Xa hai lugar e data para a constitución oficial da Asociación para a Defensa do Asilo do Carballiño e do Legado dos Irmáns Prieto.

Será o vindeiro martes día 7 de xuño ás 20:30 horas no Salón de Actos do Hotel Arenteiro.

Na mesma, Pachi Vázquez fará unha exposición dos estatutos inicias e dos obxectivos cos que nace este colectivo.

Principalmente son dous: garantir a continuidade como tal do Asilo do Carballiño e coidar do legado dos seus benefactores e fundadores, os Irmáns Prieto.

A reunión é aberta para que todos aqueles veciños e veciñas que o desexen poidan participar e, por suposto, unirse á iniciativa.

Pachi Vázquez fai nestes días un chamamento a toda a sociedade carballiñesa para a unión na defensa dun dos símbolos da nosa historia e que se atopa en serio perigo.