Máis de 100 estudantes participan nun encontro co escritor David Trueba nunha nova edición das “Tertulias Literarias”

-16.30 horas: Encontro literario co escritor David Trueba.- A deputada Patricia Torres participa no encontro literario co escritor David Trueba, enmarcado dentro do proxecto “Tertulias literarias” organizado pola Deputación e o Concello de Ourense. Neste encontro, no que o autor falará da súa novela “El río baja sucio”, estarán presentes alumnos dos centros educativos participantes nesta edición das “Tertulias literarias”, tamén participa Antonio Fernández Martín (Concelleiro de educación e comerico do Concello de Ourense). Lugar: Sala de tertulias do Liceo de Ourense.

Organizada pola Deputación e o Concello de Ourense, esta actividade reuniu no Liceo a estudantes de 4º da ESO e Bacharelato para coñecer ao autor e comentar a súa obra El río baja sucio 

A deputada de Cultura, Patricia Torres, puxo en valor “a gran oportunidade para comentar en persoa a obra dun autor polifacético”, destacando ademais a importancia dunha actividade “que persegue o fomento da lectura e a cultura” 

AVANTAR ACTIVIDADES

A deputada de Cultura, Patricia Torres, asistiu esta tarde no Liceo a un encontro co escritor e cineasta David Trueba no marco do programa “Tertulias Literarias” que organizan a Deputación e o Concello de Ourense. Unha cita xa consolidada dentro do calendario de actividades destinadas á mocidade, contando nesta edición coa presenza de máis dun cento de estudantes de 4º da ESO e Bacharelato que analizaron e debateron en torno á obra do escritor invitado, El río baja sucio

Patricia Torres puxo en valor “a gran oportunidade que tendes para comentar en persoa a obra dun autor polifacético, cuxo libros están traducidos a numerosos idiomas”, destacando ademais a importancia dunha actividade “que persegue o fomento da lectura en particular e da cultura en xeral. 

David Trueba respondeu ás preguntas que lle formularon os estudantes en torno ao seu libro El río baja sucio –sobre o que traballaron durante o curso un total de 200 alumnas e alumnos de 14 institutos-, interesándose por diversos aspectos que recolle o libro como o medio ambiente, os diferentes modelos de familia da sociedade actual ou as relacións tóxicas. O título da novela, dixo, ven a explicar que “calquera adolescente que se incorpore á vida adulta vaise <ensuciar>, aprendendo a nadar entre as múltiples situacións que terá que xestionar”. 

Autor de múltiples obras, tanto na literatura como no cine, na traxectoria de David Trueba destaca de modo particular a súa produción audiovisual e o filme Vivir es fácil con los ojos cerrados, polo que obtivo tres premios Goya. Na escrita e xunto coa obra que protagonizou o encontro desta tarde destacan tamén as obras Saber perder e Tierra de campos, coa que obtivo o Premio Nacional da Crítica e o Premio Los Libreros Recomiendan en 2018.