Sporting Carballiño e C.D. Arenteiro seguen dando forma ó seu plantel da próxima tempada

O Club Deportivo Arenteiro segue anunciando novidades para a próxima tempada. Por exemplo, as renovacións de Adri Cruz e Uxío. Tamén podemos coñecer outros dous rostros novos que formarán parte do equipo verde. Por unha banda, Manuel Romay, centrocampista que procede do Pontevedra C.F.. Nacido en Malpica e con 31 anos, a experiencia de Romay en 2B e Terceira División é amplia. Álex Conde será outra das caras novas. Centrocampista procedente da Gimnástica Segoviana ca cal viviu o seu ascenso a 2 RFEF. E por último, Manín Luis Gonzaga, 22 anos, nacido en Jerez de la Frontera. Dianteiro que xogou a temporada 21/22 no Salmanca C.F..

E tamén falando de fútbol, o Sporting Carballiño conforma o seu plantel para unha nova tempada. Trala despedida de Pousa e renovados o resto de xogadores que integran a plantilla, as novas caras serán a de Juampe (defensa), Alex (porteiro), Soto (defensa) e Marcelo (defensa/medio). O clube segue a traballar en varias incorporacións que esperan pechar nesta semana.

AVANTAR ACTIVIDADES