Marichis, pratos típicos e reencontros recrean a Festa Mexicana de Avión

Avión celebrou a súa tradicional festa mexicana, na que non faltou a boa comida típica, ambiente e música. Como cada ano, a praza da igrexa do concello converteuse na capital de México, onde se ademais de desfrutar tamén houbo reencontros. Esta festa naceu como homenaxe a todos aqueles que tiveron que cruzar o Atlántico deixando as súas raíces, e agora retornan. O alcalde de Avión, Antonio Montero, fixo unha gran valoración desta festa, que volveu logo de dous anos de pandemia.

Nesta edición non faltou a música, con dous grupos de mariachis en directo. Os que acudiron ao lugar gozaron dunha variada gastronomía mexicana. As colas foron longas, xa que todos querían probar a oferta dos catro restaurantes encargados dos menús. Entre os pratos puidéronse degustar numerosos aperitivos de todo tipo: tacos al pastor, carnitas, quesadillas, fajitas entre outros pratos e tamén as bebidas tradicionais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén falamos ca presidenta da Asociación de Mexicanos en Galicia, que non quixeron perderse esta festa.