Espazo Común alerta de que o contrato de mantemento de zonas verdes foi anulado

A formación de Espazo Común emitiu un comunicado no que alertan da decisión do Tribunal Administrativo da Contratación Pública de Galicia ven de anular a adxudicación do contrato para o mentemento de zonas verdes. Este é o comunicado feito pola formación:

“O Tribunal Administrativo da Contratación Públlica de Galicia (TACGAL) vén de comunicar a anulación da adxudicación do contrato para o mantemento de zonas verdes do casco urbán do Carballiño feita a finais de xullo polo Concello a unha empresa nunha licitación valorada por riba dos 230.000 €, despois de detectar importantes irregularidades nos diferentes pasos do procedemento.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ante esta situación, de extrema gravidade, Espazo Común demandará con absoluta urxencia acceso a toda a documentación do expediente. Agardamos dilixencia no cumprimento da lei e que se nos facilite á maior brevidade posible xa que estamos ante un caso máis de neglixencia e ocultación por parte do goberno de Fumega.

As explicacións do rexedor á cidadanía deberían ser inmediatas e, para variar, claras e avaladas con documentos.

Este feito ten consecuencias graves inmediatas para a cidadanía como a paralización, nunha das épocas máis importantes do ano, do mantemento de zonas verdes ao non ter empresa contratada nin brigada de persoal municipal que foi desmantelada polas políticas privatizadoras deste goberno.

A pregunta que nos facemos é “Qué ten que ocultar o alcalde e o goberno do Carballiño para que un tribunal anule unha contratación pública?”

Dende Espazo Común incidimos no noso compromiso de investigar tódalas adxudicacións feitas por Fumega e o seu equipo, particularmente a do servizo de limpeza viaria sobre a que recibimos xa varias denuncias por presuntas irregularidades”.