Continúa activo o incendio na Foz, en Ribadavia, con inicio no punto limpo

A Consellería de Medio Rural actualiza a situación dos lumes na nosa contorna. O luns iniciouse un incendio no concello de Cenlle, na zona da Pena, que está xa controlado afectando a 62 hectáreas. Nel traballan tres técnicos, 31 axentes, 81 brigadas, 47 motobombas, tres palas, oito avionetas e 9 helicópteros.

E onte, en torno ás 18:48 horas orixinábase un incendio en Ribadavia, no punto limpo da Foz e se estenderon ó monte de Santa María. Polo de agora, a superficie estimada afectada é de 30 hectáreas. Nas súa extinción traballan un técnico, once axentes, 31 brigadas, 17 motobombas, dúas palas, sete avionetas e sete helicópteros. Este lume xa está sendo investigado pola policía xudicial, considerando unha presunta intencionalidade. as parroquias de Francelos e Prexigueiro están afectadas sen subministro eléctrico desde onte, xa que a liña de alta tensión a causa deste lume tivo que ser cortada porque había risco para os brigadistas e medios aéreos.

AVANTAR ACTIVIDADES