Tiruleque vese obrigado a aprazar ata xaneiro a obra que ía rematar a XV Mostra de Teatro Amador

Esta fin de semana estaba previsto o remate da XV Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón, despois de actuacións durante as fins de semana de outubro e novembro, ca actuación do grupo de teatro Tiruleque. O grupo anunciou que se ven obrigados a aprazar estas actuacións ata o próximo mes de xaneiro por causas alleas á organización.

Tiñan previsto estrear os “Microtirulos”, catro obriñas de teatro breves enlazadas aos pares por un leve fío que, a partir dunha festa, vai conducindo ó espectador ata chegar a unha foliada.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha delas, “Morreu a tía María” acadou o I Premio Platta de Teatro Breve-Galicia no ano 2019, e é unha adaptación do texto orixinal para Tiruleque.