O carballiñes Carlos Varela premiado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais , Cogave

O carballiñes Carlos Varela García ( ex-Fiscal Superior de Galicia ) foi premiado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais (Cogave) por defender e apoiar os valores do movemento veciñal.

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro, Cogave, que preside Fernando Rois, fixo públicos os gañadores dos seus novenos premios Cogave “Crer no Movemento Veciñal”, que tuvo lugar este sábado, 12 de novembro do 2022, a partir das 11.30 horas no Restaurante Manuel Manuel de Lugo cidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

A presidencia de Cogave osténtase, desde o pasado ano en Lugo e, por ese motivo, é esta a cidade anfitrioa dos devanditos galardóns, tamén nesta edición. Os galardoados desta edición e a canción elixida que se puxo cando o recibiron foron os seguintes a nivel de toda Galicia:

  • Carlos Varela García. Ex-Fiscal Superior de Galicia (2004-2015). Canción: «Himno do Couto Mixto» (María do Ceo).
  • Jesús Vázquez Almuiña. Presidente da Autoridad Portuaria de Vigo, Exconselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e ex-alcalde de Baiona. Canción: «Message in a bottle» (The Police).
  • Y, tamén , un reconocimento a Federación Gallega de Hermandad de Donantes de Sangre. Canción: «A Rianxeira».

Os Premios CoGaVe pretenden recoñecer e premiar o labor e traxectoria de persoas e entidades que defenden e apoian os valores do movemento veciñal.

Cogave reúne á meirande parte das federacións veciñais de Galicia e ten como obxectivo prioritario dinamizar o movemento veciñal de Galicia, dando os servizos que as federacións de veciños demandan para garantir o funcionamento asociativo e as melloras necesarias para o seu desenvolvemento.