Arnoia contará cun novo parque público no lugar de Outeiro da Cruz

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, supervisou esta mañá, acompañado do alcalde, Rodrigo Aparicio, as obras de urbanización dun novo parque público no lugar de Outeiro Cruz, no concello ourensán da Arnoia, nas que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello van investir 215.085,57 euros, nun prazo de execución previsto de cinco meses, froito dun convenio de colaboración entre ambas administracións para cofinanciar os traballos nun 70% e nun 30%, respectivamente.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial explicou que o parque sobre o que se está a traballar ocupa unha parcela situada entre o adro da igrexa parroquial de San Salvador, o tanatorio, a estrada OU-402 e o centro de día. Trátase dunha zona moi visitada polo que, coa mellora prevista, se facilitará o acceso a estes servizos, ademais de proporcionar unha área de ocio e descanso a disposición da veciñanza.

Gabriel Alén destacou que o proxecto prevé a creación dun parque público con ramplas, novos pavimentos, axardinamento, mobiliario urbano e alumeado público, traballos para os que será necesario rozar, limpar e nivelar os terreos, ampliar a rampla que dá acceso ao centro de día e colocar pasamáns de aceiro inoxidable nas sendas peonís.

Estas obras acometeranse ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza.

Desde entón, mobilizáronse ao redor de 163 millóns de euros para o financiamento de máis de 410 iniciativas urbanísticas en decenas de concellos galegos co fin de habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor as súas contornas urbanas. Ata o momento, só na provincia de Ourense están comprometidas ou xa executadas un total de 166 actuacións.