A Xunta remata as obras de mellora do saneamento dos núcleos do Sifón e San Vicenzo, en Avión, que supuxeron un investimento de máis de 166.000 euros

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A intervención centrouse na conexión destes núcleos de poboación coa depuradora municipal e dá servizo a unha poboación de 94 habitantes
 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A actuación dá continuidade ás obras xa realizadas pola Xunta, de execución de dous colectores xerais nos núcleos de Avión, Cendóns e Beresmo e dunha nova depuradora para 1.250 habitantes equivalentes, que supuxo un investimento de preto de 830.000€
 

A obra enmárcase no convenio selado entre Augas de Galicia e o Concello
 

A Xunta mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, da súa competencia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou a execución das obras de mellora do saneamento nos núcleos do Sifón e de San Vicenzo, no concello de Avión, que supuxeron un investimento de máis de 166.000 euros.

A actuación centrouse na conexión das redes de saneamento destes dous núcleos co colector xeral de Avión, que anteriormente contaban con redes de saneamento que confluían en fosas sépticas cun funcionamento deficiente.

As obras que vén de rematar a entidade hidráulica da Xunta nos núcleos de Sifón e de San Vicenzo incluíron a execución dunha rede de conexión ata a citada depuradora de Avión, xa deseñada no seu día para atender tamén á poboación destes dous núcleos do municipio ourensán.

Os traballos consistiron na construción de dous tramos de colectores de PVC cun diámetro de 315 mm e unha lonxitude total de algo máis de un quilómetro. A actuación permite dar servizo a unha poboación de 94 habitantes para o ano horizonte 2045.

Esta nova intervención no municipio dá continuidade ás obras realizadas no ano 2013 pola Xunta, coa execución de dous colectores xerais nos núcleos de Avión, Cendóns e Beresmo, e dunha nova depuradora para 1.250 habitantes equivalentes, que supuxo un investimento de preto de 830.000 euros. 

Esta obras enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Xunta, que asumiu o 80% do investimento e acometeu as obras, e o Concello de Avión, que contribuíu ao financiamento do 20% restante, xunto co compromiso de conservación das novas instalacións hidráulicas.

A intervención está financiada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta de la Unión á pandemia da Covid-19. O Goberno galego mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.