Este venres, día 30 na tenda OZOCOgz firma de exemplares do último libro de Miguel Anxo Fernández “A conxura do sete”

O venres, 30 de decembro, na tenda OZOCOgz Deseño Galego do Carballiño imos despedir o ano como se merece, cun escritor, un libro e un viño.

A partir das 12:30 do mediodía estará con nós Miguel Anxo Fernández para asinar exemplares de “A conxura do sete”, a súa última novela, na que o famoso detective Frank Soutelo regresa para descubrir un novo misterio por terras galegas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Anímate a vir e, xunto co teu libro dedicado, convidámoste a un bo viño da Adega Arco da Vella a Adega de Eladio.Agardámoste!