O delegado territorial acompaña aos alumnos e alumnas do Ies Eduardo Blanco Amor na súa visita á biblioteca pública Nós

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Coincidindo co Día do Usuario das Bibliotecas promovido pola Xunta

  • Gabriel Alén significou a ampla programación da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para achegar estes servizos á cidadanía, con visitas comentadas ás instalacións, obradoiros, contacontos e recoñecementos aos lectores máis activos durante o ano pasado
  • o delegado territorial informou que esta biblioteca pechou o ano 2022 con case 96.000 préstamos; a cifra máis alta dos últimos anos

Ourense, 11 de xaneiro de 2023. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañou esta mañá aos alumnos do  IES  Eduardo Blanco Amor na súa visita á Biblioteca Pública de Ourense Nós co gallo da celebración do Día do Usuario das Bibliotecas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tralo percorrido, o delegado territorial informou que esta biblioteca pechou o ano 2022 con case 96.000 préstamos; a cifra máis alta dos últimos anos e supón un incremento de 12.350 préstamos en relación ao ano 2019 e máis de 7.600 que en 2021. En canto aos libros, os máis solicitados en galego foron Lendas do recreo (El Hematocrítico), Animalia (Xosé Tomás), e Os Bolechas               (Carreiro, Pepe). En castelán, La bestia (Mola, Carmen) Lo que la marea esconde (Oruña, María) e El libro negro de las horas (García Sáenz de Urturi, Eva)

Gabriel  Alén significou a ampla programación da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para achegar estes servizos á cidadanía, con visitas comentadas ás instalacións, obradoiros, contacontos e recoñecementos aos lectores máis activos durante o ano pasado. Durante toda a semana haberá tamén actividades continuadas para os máis pequenos como Martes na biblio (de 4 a 6 anos) e Bebecontos o xoves 12 para nenos de ata 3 anos

Estas son parte das iniciativas que promoven as bibliotecas de xestión autonómica para festexar o Día do Usuario/a das Bibliotecas, data que abre o Calendario do Libro e da Lectura 2023. Neste mes de xaneiro, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, tamén promove a celebración do Día da Ilustración, que se conmemora o 30 de xaneiro coincidindo coa data do nacemento de Castelao.