O concello de Boborás celebra este domingo o seu XXI Cross Popular

O vindeiro domingo 22 de xaneiro terá lugar no concello de Boborás o XXI Cross Popular. A proba comezará ás 10:10 horas e a distancia máxima a percorrer será de 7,4 quilómetros, correspondentes ás categorías sub 23, sénior I e II, e veteranos I e II, que comezarán ás 11:10 horas.

Tanto o punto de saída como a meta situaranse no Centro de Educación Infantil e Primaria Nosa Señora de Xuvencos.

AVANTAR ACTIVIDADES

As inscricións poderán formalizarse ata o vindeiro xoves día 19, ás 15:00 horas, a través da páxina web www.championchipnorte.com. Ata o momento hai confirmados 75 participantes e non se inscribirá a ningún atleta o día da proba nin por outros medios diferentes.