Este venres, día 10 Skadelos estrea o videoclip Focos, Lumes Nunca Máis! no Pub VaiVén

Dende a Produtora Cultural Toxo Verde queremos comunicar a estrea do videoclip Focos, Lumes Nunca Máis! de Skadelos, que terá lugar o venres 10 de marzo no Pub VaiVén (O Carballiño) ás 20.00. Ás 00.00 estará dispoñible na canle de Youtube de Skadelos.
Skadelos é unha banda de O Carballiño que fusiona o pop-rock, rumba e o ska en acústico para crear unha festa innovadora e diferente. O grupo está formado por Darío Santomil (guitarra e voz), Diego Neira (percusión e voz) e Sander Ulloa (saxofón e percusión). Skadelos sitúase no panorama da música galega como unha banda emerxente que pouco a pouco se vai consolidando como unha aposta forte no presente e futuro da música galega.


O novo tema de Skadelos afonda sobre a problemática dos lumes en Galicia.
A problemática de incendios en Galicia repítese ano tras ano. Tódolos anos búscanse culpables individuais ou colectivos en vez de focalizar no importarte: solucións. Tódolos anos a solución práctica é a mesma: o pobo, só o pobo salva o pobo.Este videoclip rodouse no monte queimado da Parroquia San Cosmede de Cusanca (O Irixo) e na Capela da Madalena (O Carballiño).

AVANTAR ACTIVIDADES