Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual


20-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Julio Rodrígez (Panamá, 1980)

AVANTAR ACTIVIDADES

Fillo de emigrantes do Carballiño, regresou á vila con 5 anos e desde aquela vinculouse a ela, casando alí e agora residente en Ourense coa súa familia. Asoma a esta sección na súa condición de científico, eido novo nesta sección o ter dúas obras publicadas nese senso, e outras en camiño, respondendo a súa acreditada cualificación.

Licenciado en Bioloxía e doutor en Medicina molecular pola Universidade de Santiago de Compostela (2003-2008) e Grao en Psicoloxía pola UNED (2016), posúe un mestrado en formación de profesorado de secundaria (2019), un curso de Especialista en Psicoloxía Infantil (2017) e outros varios sobre diagnóstico e asesoramento xenético, ademais de ser xenetista acreditado pola Asociación Española de Genética Humana (AEGH).

Como parte da súa especialización fixo estadías na Universidade de Oxford (GB) e tamén no CSIC, en Madrid. Actualmente traballa como adxunto de Laboratorio de Diagnóstico Xenético na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (FPGMX) de Santiago de Compostela, especializado en Diagnóstico Xenético de enfermidades, asesoramento xenético e investigación científica.

Anteriormente foi científico investigador no Instituto de Investigación Sanitaria en Compostela onde estudiou a xenética de trastornos psiquiátricos. A resultas desa experiencia investigadora, publicou varios traballos científicos en revistas especializadas no seu campo, e tamén é autor de dous volumes sobre divulgación educativa publicados pola editorial Plataforma: “Prevenir el narcisismo” (2018) y “Lo que dice la ciencia sobre educación y crianza” (2019), e actualmente está a traballar dun terceiro libro enfocado á divulgación educativa e psicoloxía.

Moi activo nas RRSS, leva un blogue científico na revista “Investigación y Ciencia” no quen se ocupa dos descubrimentos científicos máis rechamantes no campo da biomedicina e a xenética do comportamento, ademais dun blogue sobre literatura e cinema, que á súa vez é a súa páxina web persoal.

Participou no festival Pint of Science de divulgación científica, ten colaborado coa Radio Galega e máis coa Radio Nacional de España en espazos de divulgación científica e exerce de docente de ESTALMAT, proxecto da Real Academia de Ciencias para o estímulo do talento matemático, e máis na plataforma formativa Genotipia.




Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “