Preto de medio cento de obras presentadas ao Premio Antón Losada Diéguez, que se fallará este sábado no Carballiño

O escritor e intelectual galeguista Antón Losada Diéguez volve a ser homenaxeado nunha nova edición, e xa van 38, do premio que leva o seu nome. Establécense dúas categorías, Creación literaria e Investigación e ensaio, e as obras premiadas daranse a coñecer nun acto previsto para este sábado no salón de plenos da Casa Consistorial, a partir das 11.00 horas. O premio consistirá en 12.000 euros, un total de 6.000 euros para cada unha das categorías. Os Concellos do Carballiño e Boborás convocaron un ano máis este certame que contou coa participación de preto de medio cento de obras e que conta coa colaboración da Deputación de Ourense.

O xurado que dará a coñecer a decisión está composto polo concelleiro de Cultura do Concello do Carballiño, Diego Fernández; Celia Pereiro, en representación da Real Academia Galega; Rebeca Blanco, do Consello da Cultura Galega; Xosé Carlos Sierra, do Museo do Pobo Galego; Luis E. González Tosar, da Deputación de Ourense; Ana Patricia Torres, do Concello de Boborás, Ernesto Xosé González, da USC; Xosé Henrique Costas, da Universidade de Vigo e Xosé Manuel Sánchez Rei, da Universidade da Coruña.

AVANTAR ACTIVIDADES